26 setembro 2008

Tódolos camiños conducen a Roma ?

Este dito dos vellos ten as súas testemuñas na cantidade de calzadas construídas polos romanos que atravesan o noso país.
Esta fotografía corresponde a un treito da calzada que atravesa o concello de Friol polas parroquias de Ousá, Trasmonte e O Seixón.
A fotografía foi feita a fins do curso pasado pola profesora de Xeografía e Historia e correspóndese co tramo que vai desde a igrexa de Trasmonte ata a estrada actual que une Trasmonte co Seixón.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.