09 outubro 2008

Castro de Trasmonte

Son moitos os castros que se atopan diseminados pola xeografía de Friol: en Bra, Guntín, Condes, Guldriz, Lamas, Lea, Narla, Prado, Roimil, Seoane da Pregación, Trasmonte, Xiá… Sinal de que Friol foi unha zona densamente poboada e rica en recursos. Polo de agora, ningún deles foi obxecto dunha escavación e estudo sistemáticos.
O que presentamos na foto é o castro de Trasmonte, ao que por fin chegamos co alumnado tras unha longa camiñada. Parece que foi empregado polos romanos como campamento para asegurar a defensa de Lugo, e que debeu ter unha gran capacidade.
Nel atopouse en gran cantidade restos de cerámica, fusaiolas, moldes e muíños romanos.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.