31 outubro 2008

Desfeita

Foron necesarios dous intentos antes de dar coa Cova da Serpe. No primeiro e fallido intento, pensamos por un momento estar vendo unha alucinación. Nun lugar moi próximo á ubicación da emblemática Cova da Serpe, a paisaxe parecía vítima dunha feroz agresión: rodadas de maquinaria pesada, áreas dinamitadas, e sobre todo, inmensas moles de cemento que asemellaban escenarios dunha de tantas películas de futuros imperfectos. Desgraciadamente non era alucinación, era o presente real pero tamén imperfecto: o parque eólico de Cova da Serpe introduce unha triste fin ao que durante séculos foi un lugar simbólico na historia de Friol.

2 comentarios:

Friol

En nome do "progreso" deturpan unha serra emblemática.
En nome do "progreso" rouban unha paisaxe milenaria.
En nome do "progreso" coverten un anaco da nosa historia local nunha "desfeita" organizada.

Anónimo

Cero, en nome do progreso consúmase unha desfeita ecolóxica á que non se lle atopa nome que a defina.
A piques estivo de desaparecer a propia Cova da Serpe, tamén coñecida como Pena Furada. Mais sen embargo, aínda houbo quen, debendo defender tan importante elemento patrimonial do Concello de Friol, ousou criticar e presentar como bloqueadores do desenvolvemento de Friol a aqueles que a defenderon presentando alegacións ó proxecto para que, cando menos, se conservase intacta a propia cova que da nome a toda a Serra e tanto serviu como divulgadora de Friol.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.