06 outubro 2008

Ecoloxistas piden o traslado ou a supresión dun muíño de vento que afecta á Cova da Serpe

Esta noticia apareceu publicada o 28-07-08 no Diario "El Progreso" nós resumímola

A presenza dun muíño do parque eólico de Cova da Serpe ao pé da cova do mesmo nome provocou as protestas do colectivo ecoloxista Adega, que pide o seu traslado ou supresión ao considerar que pon en perigo este elemento xeolóxico, que estaría protexido pola Lei do Patrimonio Cultura de Galicia.

Por este motivo, o colectivo ecoloxista, en cooperación coa Asociación Cova da Serpe de Friol, enviou un escrito á Delegación de Innovación e Industria de Lugo, no que reclama que se solicite da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación de Impacto Ambiental a revisión da Declaración de Impacto Ambiental", de forma que así se garanta a protección desta paraxe.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.