29 outubro 2008

Enigmas de Friol


Alguén pode aportar algunha explicación a tan orixinal solución?: Porta de acceso ao cemiterio de Vilafiz, feita en aluminio e con dimensións claramente 'inharmónicas' co muro que pretende pechar. Tal vez responda a algún tipo de concepción estética que non acabamos de entender. O xeométrico e minimalista crucifixo que decora a porta, remite a modelos setenteros do cristianismo postmoderno. As ventás superiores pode ser que teñan algún significado metafísico de lectura difícil. Por máis voltas que lle demos, non conseguimos atopar coherencia nesta proposta, sen dúbida algunha arriscada e controvertida. Se alguén pode aportar algunha explicación, rogamos que nolo fagan saber.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.