15 outubro 2008

O castro de Narla

Contan os máis vellos que antigamente no castro de Narla viviron os romanos. Segundo contan, vivían nunhas covas subterráneas. Aínda hoxe pódese apreciar as entradas feitas nas rochas. Parece ser que algunhas xentes do lugar que tiñan fincas alí ao lado, oían as voces que procedían do interior das covas,e mesmo oían chorar nenos, pero non se chegaba a ver ás persoas porque comentábase que só saían pola noite. En épocas posteriores encontráronse restos polos arredores como algunhas ferramentas. Algúns atrevidos entraron nas covas e dicían que había restos de roupas , algúns utensilios de cociña e sacos con cereais como millo e centeo.

Lenda recollida por Borja López Penelas . Informante: Mª Paz Penelas Río Lugar: Narla . 2.006

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.