22 outubro 2008

Os cabazos

Aínda quedan mostras dos que nun tempo foron elementos importantes da economía familiar.
Cabazos coma este, fotografado en Miraz por Laura Romero Espiño eran característicos da paisaxe rural das zonas centrais galegas.
A arquitectura popular deu sempre resposta ás necesidades que pouco a pouco ían aparecendo na nosa sociedade.
Seguramente coñecedes algún máis na xeografía do concello. Non dubidedes en rexistralo.
Nas terras da Ulloa polo que podemos comprobar no blog "A Ulloa en fotos"
vemos que quedan algúns máis que no noso concello.

1 comentarios:

A Ulloa en fotos

Ola veciños de Friol!

Qué curioso este cabazo! Os de aquí son mais alongados e estreitos. Cando vaia por Friol eime de fixar.

Saudos ulloáns

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.