10 novembro 2008

Os valados

As propiedades péchanse cun valado característico destas terras da meseta luguesa. Grandes vargos de lousa de xisto ou chantos, espetados no chan - non a moita distancia entre si-, e unidos para rematar o valado con pequenos corpos de cachotería empregando a técnica "opus incerta". Acadan unha altura de máis  ou menos un metro e separan as terras dándolle á paisaxe unhas tonalidades grises que contrastan, ás veces, co intenso verdor das pradarías.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.