08 novembro 2008

Viacrucis de Anxeriz

No viacrucis de Anxeriz son tres as pezas que se poden ver: a Verónica, Cristo morre na cruz e descendemento.

A Verónica foi unha santa nacida da imaxinación popular cara finais do S.XV, que secou a suor do rostro de Cristo camiño á crucifixión, quedando no pano recollida a impresión da Santa Faz.

No relevo da morte de Cristo, aparecen dúas figuras ó pé da cruz que, seguindo a tradición, deberían ser a Virxe e S. Xoán.

No relevo do descendemento, Cristo xa foi descravado e descendido por dúas figuras. Tradicionalmente son Xosé de Arimatea e Nicodemo quen se encargaron de estender o seu corpo inerte sobre unha pedra.
Máis difícil nos resulta propoñer unha data. A falta de apoio documental non nos queda máis remedio que movernos no terreo da especulación. Tendo en conta que a arte popular é intemporal como para aportar pistas estilísticas, e que foi no S.XIX cando o viacrucis se implanta con máis forza, nós propoñemos este século como o máis probable.

Podemos ver as imaxes a continuación



1 comentarios:

Carricoba

Descoñezo con exactitude as referencias deste viacrucis , pero veño observando por todo o concello cruceiros que non calvarios - ás veces métese a pata-- que fan alusión ás temibles misións apocalípticas que se desenvolveron pola zona, supoño que por toda a comunidade ao longo do s. XIX. Sería interesante investigar estas cuestións e a súa relación coa entrada que estamos comentando

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.