23 novembro 2008

Éxito da polafía na Torre de Xiá


Onte desenvolveuse, segundo estaba previsto a polafía na Torre de Xiá, nun ambiente acolledor. Antón Castro , Isidro Novo e Álvaro do Seixo recitaron, cantaron e contaron algunhas historias desas para escoitar ao pé do lume dunha lareira.
Animáronse tamén algunhas veciñas e a encargada da Torre que narrou a lenda histórica do Sr. Vasco das Seixas. Mesmo o seu home pulsou a memoria do público cunhas cantas adiviñas.
Todo moderado por Antonio Reigosa cos seus contos incluídos.
A polafía foi acompañada por unha presentación dunha chea de fotos do Friol de antes, cedidas para o caso pola familia Terrón.
Desde estas páxinas felicitamos aos organizadores e participantes.
De cando en vez convén facer algún exercicio de recuperación da memoria.

1 comentarios:

Anónimo

Dende a Asociación Cultural Cova da Serpe, valoramos moi positivamente esta experiencia da Polafía, que en colaboración coa Asociación de escritores en lingua galega e a rede museística provincial poidemos levar a cabo en Friol. Foi un éxito de participación e unha tarde de lecer que foi pena ter que rematar tan cedo. De feito esperamos poder repetila.
É unha desas actividades que tras velo resultado te anima a seguir loitando por facer cousas.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.