11 decembro 2008

Cantamos o Nadal

Dentro das actividades a desenvolver no proxecto " O Patrimonio Cultural do Concello", o próximo día 18 de decembro, xoves, a partir das 11.30 da mañá diferentes grupos de alumnos do C.P.I. "Dr. López Suárez" percorrerán a vila de Friol interpretando os cantos propios destas datas: aguinaldos, panxoliñas, vilancicos e reis.
Agradecendo de antemán a colaboración dos veciños, agardamos con impaciencia o momento de irmos cantando o nadal por Friol adiante.  

1 comentarios:

Anónimo

É moita a ledicia que sento, como amante dos cantos tradicionais e como precursor dende a Asociación Cova da Serpe desta actividade, de ver que unha tradición tan extendida antigamente polo noso territorio é recuperada pola mocidade de Friol. Non tiven a posibilidade de escoitarvos, mais informáronme do ben que o fixestes. Non queda máis que felicitarvos pola labor feita e animarvos a seguir. Tamén se queredes participar coa Asociación Cultural Cova da Serpe que colaborará nun obradoiro sobre os Cantos de Reis na Fortaleza de San Paio de Narla o vindeiro día 4 de xaneiro de 2009 a partir das 18:00h. (pola mañán andaremos pola feira). O= día 5 sairemos a cantar polas parroquias.
De verdade que contento de ver que aínda queda xente coma vós que non deixan esmorecer no esquecemento as nosas tradicións.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.