09 decembro 2008

A estética no exterior de San Paio de Narla

A reconstrución feita por Vasco das Seixas na fortaleza, recolle algúns dos cánones estéticos propios do Renacemento. Así o vemos nas dúas ventás de estilo plateresco que se poden ver dende a entrada. A ventá da torre da homenaxe está decorada cunha cornixa de molduras e pendolóns nos extremos. No centro do lintel e inserto nun medallón, vese unha cabeza dun nobre con casco e penacho flanqueada polos escudos dos Seixas e dos Ulloa. As xambas laterais presentan decoración xeométrica. A outra ventá plateresca está no corpo central da fachada. O lintel é a propia cornixa decorada con molduras, e apoiase en sosténs con relevos que rematan en anxos alados. Entre estes extremos vemos outras cabezas insertas en medallóns: a do centro é un guerreiro con casco, e as dos extremos son bustos espidos. Debaixo destes a decoración complétase con rosetas.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.