13 decembro 2008

O calabozo de San Paio de Narla

No primeiro piso da torre de homenaxe pódese ver a través dunha trapela de madeira o calabozo da fortaleza, no que se conserva unha enorme cadea con grillóns. O único acceso é dende dita trapela. Carece de luz e, como todos o calabozos, construíuse na parte máis illada e húmida do castelo. Estes calabozos podían servir tamén como almacéns de víveres, armas, e outros aparellos, se ben hai quen opina que case sempre había alguén neles, soportando os rigores dunha estancia tan pouco acolledora. Os nobres eran a lei do lugar, polo que era no castelo onde o señor impoñía as penas, que podían ir dende a privación temporal da liberdade ou á morte por abandono.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.