14 xaneiro 2009

Historias locais narradas por Quiroga (II)

Dos mesmos personaxes, Gilito mailo Venido, cóntanse moitas historias.
Noutra ocasión o amigo Venido tiña unha burra que era moi cabezota. Cando lle daba a gana de non andar, non había forma de que cedera. Deuse a casualidade que naquel momento, estaba con el un veciño simpático e ocorrente coma poucos, dicíndolle:
- Mételle unha guindilla polo cu e verás como anda! 
Dito é feito. Fíxolle caso. Entón a burra ó sentir a picazón nun lugar tan sensible, arrancou coma unha frecha escapándolle co ramal de arrastro.
O bo de Venido comentou:
--E agora quen a recada?
Contestándolle este veciño, que por algo era conocido polo Farras :
-- Agora mete ti dúas polo mesmo sitio, xa verás como a podes coller !.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.