14 xaneiro 2009

Historias locais narradas por Quiroga (III)

O Venido, do que xa falamos anteriormente, na súa época de ir á escola tocoulle como mestre a don Salvador Carballal Palmeiro -- prócer do ensino --
Este don Salvador, tiña o bo costume de ensinar por medio de exemplos plásticos e visuais, que permitisen aos educandos percibir mellor os contidos das leccións. Así para explicar que a terra era redonda levaba sempre unha laranxa ou unha mazá...
Nesta ocasión, a lección era de xeografía e o mestre levaba canda si unha 'palangana' chea de auga. Trataba a lección das illas, istmos, penínsulas e arquipélagos.
Despois da correspondente teórica,  don Salvador, salpicou na palangana unha migalla de pan, preguntándolle ao bo de Venido.
-- Vamos a ver, que representa esta figura? 
-- Don Salvador, esa é unha illa. 
-- E se botamos dúas ou tres ? -- seguiu preguntando o mestre--
-- Se son dúas ou tres, serán dúas ou tres illas -- respostou solicito o noso home
-- Moi ben ,moi ben --dixo o mestre--- Agora imaxínate que salpicamos moitas migas de pan, que representan? 
Respostando sen dubidalo, di o Venido.
--Se bota moitas, don Salvador, serán sopas.
Estaba claro que a idea era de que contestase un arquipélago.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.