13 xaneiro 2009

Isto vai medrando

Temos a sensación, e hai datos obxectivos que poderedes corroborar nas vindeiras entradas, que a idea inicial de "Friol:Algo máis que pan e queixo" vai medrando.
Estamos empezando a recibir colaboracións do contorno. Xa non podemos dicir que somos, unicamente, unha páxina elaborada polos profesores e alumnos do C.P.I. "Dr. López Suárez" de Friol, que por suposto a é.
Empezamos a ser máis, por unha banda somos sabedores do seguimento que algúns veciños fan das nosas publicacións e actividades e, pola outra, algúns xa deron un paso á fronte e envíannos material para ser publicado.
Só nos queda agradecer a vosa colaboración e esperar que esta sexa tan grande que nós só teñamos tempo para ir dando entrada ao que xenerosamente vaiades aportando.
Terrasdefriol.blogspot.com somos todos os que dalgún xeito vivimos ou sentimos a Friol como algo noso.
Nestes tempos de mestizaxes todo é posible, mesmo esta páxina. 

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.