01 xaneiro 2009

Un poema

Na procura de información, chegamos, certamente, a moitos recantos ignotos. Casualmente demos cunha chea de papeis nos caixóns dunha mesa dun ou dunha (non sabemos precisar) mestre ou mestra dunha antiga escola, por suposto anterior á concentración, e por ende á Agrupación Escolar que hoxe funciona como C.P.I.
Despois de cábalas e consideracións, cremos oportuno publicar o poema atopado que podedes ler a continuación.
Cremos que é un xeito, cando menos decoroso, de iniciar o 2.009:
Friol:
Terra silente, 
ferida, terra dura ,
escrava, arregueirada, 
que recende a suor chea de amargura. 
Muíños centenarios , xa detidos.
Detidos por un son que non é o voso.
Serpes ignotas de extraordinarias fauces. 
Valados que separan xeografías.
Miserias de partillas e acedumes.
Congostras atoadas polo tempo,
Calzadas, pontes, valos,… imposturas.
Historias de pasados que se achegan.
Presentes que esmorecen sen futuro.
Futuro? 
Cando será futuro para os teus fillos?

1 comentarios:

Algalia

Seguramente son moitas as persoas sen nome ou con el, que merecerían un oco de honra en Friol... pero eu teño claro o oco de algunha desas persoas con nome.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.