18 febreiro 2009

O Entroido ( III )

Entramos no xoves de compadres, achégase o venres , día no que os centros escolares de toda a Comunidade Galega celebran o Entroido aportando ao tradicional, novos aires para celebrar a festa.O C.P.I. "Dr. López Suárez" leva estes últimos anos participando na recreación da tradición coa elaboración baixo a dirección do Departamento de Educación Plástica, duns mecos innovadores que xuntan calidade técnica por un lado e imaxinación e deseño polo outro.
Estamos desexosos de poder contemplar o meco que este ano se está rematando, e desde aquí, felicitamos aos artistas.
Estes son os confeccionados nos anos 2.006 e 2.008

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.