19 febreiro 2009

O Entroido ( IV )

Meco 2.009

Aquí temos as primeiras imaxes do Meco deste Entroido 2.009. Como xa deixamos dito na entrada anterior, imaxinación , deseño e técnica non faltan. Bo Entroido a todos e todas.

Ti tes a culpa, langrán
da neve e dos 'temporales'
quedamos todos na casa
pra alegría de meus padres.
Na biblioteca da vila
xa non teñen internet
seguro que coma sempre
ti tes a culpa tamén.
As beirarrúas amigos
ben bonitiñas quedaron,
Cando lle toca á calzada
toda chea de furados?
Todas as culpas che botan
pois sei que tes un bo lombo
pero debes ir pensando
en deixarlle o sitio a outro.
E para purificar
e que non cheire a podrido
deberémoste queimar
oh, meu mequiño querido!

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.