31 marzo 2009

A Pena Castrela

Unha lenda tamén moi coñecida e identificativa de Friol, é esta da Pena Castrela. 
Esta pena situada na parroquia de Narla deu pé a algunha lenda, unha delas é a que pasamos a relatar. 
 
Contan que hai moitos anos vivía unha bruxa coa súa filla nunha pena.
Un día, a filla cortoulle a cabeza á nai. Entón esta, cunha unlla, atravesoulle o corazón á filla. Morreron as dúas. Nese momento, abriuse a pena á metade. A filla quedou entalada entre as dúas metades da rocha. A nai desapareceu, quedando soterrada debaixo da pena. Ao morreren nai e filla, toda a súa casa se volveu de pedra.
Debaixo da casa, que está sen tellado, hai unha cova na que se ven cinco marcas de dedos e arañazos. Nesa cova, hai un túnel soterrado. Antes de subir á casa, nunha pena, están as pegadas da bruxa.
Recollida por Alba Lamas a quen lla contou o seu avó.
A fotografía foi tomada por Lorena Núñez.

2 comentarios:

Anónimo

gustoume esta lenda..!!
xa facia tempo que non a escoitaba,e non sabia muy ben como era o conto de pena castrela..!

Anónimo

xa fai tempo que non a escoitabo animo chicas ou chicos animo!!!!!!!"

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.