01 febreiro 2009

Xerardo Quintiá

Levabamos tempo coa idea de facer esta entrada, pero non lle daba chegado o seu momento. 
Esta fin de semana, por cousas destas que chaman da comunidade virtual, chegoulle por fin a oportunidade. Decidimos non demorar máis o que xa había tempo debía estar feito.
Xerardo Quintiá nado en Friol no ano 1.970, estudou no que é hoxe C.P.I. Dr. López Suárez. Cremos que na actualidade vive en Lugo. 
É un recoñecido escritor en lingua galega, tanto de libros da chamada literatura infantil e xuvenil ( aquí debemos citar "Finísimo pó nas ás" e " A verdadeira historia do burro Feldespato") como de algún poemario como o titulado "Ailalalelo de auga".
Neste último podemos ler o poema titulado : "Stephen recuberto de magnolias" que aquí reproducimos:
"... e por que ninguén sabe aínda 
para que serven
os cáncaros,
os óboes
os petroglifos
os alchefires
habería que trazar unha estratexia de metáforas
a favor de todo o Tempo non-vivido e deixarse ir
e así cincelar nas pedras e nas mans
máculas, sinais, signos
que ningún nordés puidese limpar
e vivir
vivir Stephen triste "

3 comentarios:

A Ulloa en fotos

" disque non tiñas nome
e que sendo nena as meigas te esqueceran
aló na Pena Furada"

Isto tamén é de Ailalalelo de auga, é un pedaciño dun poema chamado "A tola"

Supoño que iso da Pena Furada sacouno Xerardo dalgún recuncho de Friol.

Apertas

Friol

Pois levas razón, a Pena Furada da que fala X. Q. é a emblemática Cova da Serpe.

Anónimo

Ola,
este nadal regaleille a unha nena da familia 2 libriños de Xerardo Quintiá. E a nena alucinaba cando lle dixen que a persoa que escribiu o libro era de Friol e estudara no seu mismo colexio, comigo concretamente.
Supoño xa coñecedes a Xerardo, foi de Condes, naceu no ano 70 e estudou no colexio de Friol ata oitavo de E.X.B., e deulle por escribir.
Estes dous libriños para nenos duns 9 anos están moi ben: "A verdadeira historia do burro feldespato" e "Ke-Tumba. Ke-Tamba".
Ten outros que tamén me gustaron pero é que eu teño debilidade por Xerardo.
Saudos.
Mercedes.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.