06 marzo 2009

As festas da Santa Isabel


Nestes últimos anos, parece que a “Santa Isabel” por motivos que non imos valorar, anda de capa caída. O que noutrora foran unhas festas nas que todo o pobo participaba activamente, hoxe esmorecen sen que ninguén pareza pórlle remedio.
Pois ben, na presentación que acompaña esta entrada, recollemos a festa en anos diferentes, nas que sobresaían, con razón, os palcos das orquestras nos que se traballaba arreo para preparar un decorado de acorde coa agrupación musical que amenizase as festas.
Festas, nas que non podían faltar os gaiteiros, a iluminación con profusión de colorido, concursos, o clásico partido entre solteiros e casados , e todo o característico das festas populares.
Os palcos, tiñan sona en toda a contorna. Dun ano para outro aproveitábase o material -- xa reciclando naqueles anos !--. A mocidade axudaba, como o que máis, a erguer eses monumentos efémeros pero luxosos, que reflectían un traballo feito con cariño esforzo e  dedicación. Que imos contar que non saibades!.
Os vellos teñen na boca sempre aquilo de  “…aqueles si que eran tempos” se cadra neste caso deberiamos darlles a razón.

2 comentarios:

Anónimo

EXCELENTE MUSICALIZACION!! RAMON RIVAS BUENOS AIRES ARGENTINA

Friol

Pois é un fragmento dunha obra máis extensa que paga a pena escoitar.
O compositor, xa falecido, era natural do veciño concello de Guntín de Pallares

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.