25 marzo 2009

As lombrigas (e II )

Seguindo coas lombrigas diremos que o contaxio das mesmas era bastante doado, e múltiples as fórmulas que tentaban curar aos enfermos.
Na entrada anterior fixemos mención dun libro escrito en latín empregado nun segundo intento de curación das lombrigas.
Pois ben , Trapero Pardo deu cun impreso do s. XVIII en latín no que encabezado por unha cruz aparecen diferentes ensalmos curativos. Entre eles, evidentemente a fórmula para as lombrigas.
Dentro do concello, e concretamente nas Pedreiras na parroquia de Santa María de Ramelle cando alguén tiña as lombriga recitábase este ensalmo co que se pretendía a curación do mal.
A informante Carmen Barreiro Carregal recita:

Doce lombrices tiene su barcal,
de doce se vuelven once,
de once se vuelven diez,
de diez se vuelven nueve,
de nueve se vuelven ocho,
de ocho se vuelven siete,
de siete se vuelven seis,
de seis se vuelven cinco,
de cinco se vuelven cuatro,
de cuatro se vuelven tres,
de tres se vuelven dos, 
de dos se vuelve unha, 
reservaremos esta para su barcal, 
para que ninguna de ellas haga mal.
Polo poder de Dios y de la Virgen María,
un padrenuestro y un avemaría.
Isto que aquí relatamos podémolo ampliar en José Manuel Blanco Prado: "Las enfermedades de la vista y de las lombrices en la provincia de Lugo" 

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.