26 marzo 2009

A curación dos tirizós

Outra das enfermidades que precisaban da intervención máxica eran os tirizós ou orizós –especie de furúnculo que medra nas pálpebras—. Para curar a enfermidade, ademais dos remedios hixiénicos, empregábanse outros de base máxica ou relixiosa.
Dependendo dos lugares existían diferentes ensalmos .Concretamente na parroquia de Carlín recitábase esta fórmula para tratar de curar o tirizó:
“Arzuelín te echo
a mi ojo derecho,
mírame bien
que te lo echo”.

O que descoñecemos é o ritual da curación.
De Carlín xa falamos en entradas anteriores relacionadas coas crenzas nun caso da fonte como final do ritual de curación do mal do sartego e por outra parte na entrada relacionada coa Nosa Sra. do Ermo

1 comentarios:

A Ulloa en fotos

É curioso, en Sirgal (Monterroso) hai un sartego preto do ceminterio (e do castro)o que vai a xente en San Xoan para lavarse coa auga da choiva que cae nel.
O que non sei é si ten algunha propiedade cuarativa. Xa me entarei.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.