12 marzo 2009

Feira do queixo e pan de Ousá.

Que esta páxina se intitule "Friol: Algo máis que pan e queixo..." non quere dicir que deamos as costas aos dous elementos fundamentais que permiten explicar a idiosincracia de Friol.
Certo é, que o concello é moito máis que o que se nos parece ofrecer; pero non menos certo é, que o pan e o queixo son dous emblemas ben representativos destas terras, e con razón.
Dende o ano 1.993 celébrase todos os anos, ben avanzado o mes de marzo, unha feira na que se dá a coñecer ao resto da Comunidade estes produtos representativos da bisbarra.
Miles de persoas achéganse á vila coa fin de adquirir estes preciados manxares. Friol é o centro gastronómico da provincia por un día. As transaccións comerciais realizadas nesa fin de semana sanean as economías familiares de moitas casas do concello.
Acompañamos esta entrada cunha pequena presentación cos carteis anunciadores da feira nos pasados anos. Non están todos, gustaríanos poder acceder a todos eles, pero de momento isto é o que hai.


0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.