22 marzo 2009

Nada nos é alleo e menos a dor

Hoxe nun desgraciado accidente perderon a vida catro veciños, ben novos, do concello. Nada queda por dicir que non saíse xa publicado nos diferentes medios de comunicación.
Desde esta páxina queremos manifestar o noso pesar ante tal lutuoso suceso e acompañar ás familias na súa dor.
A perda dun ser querido non é un momento fácil e menos cando a desaparición é tan repentina como inesperada. 

3 comentarios:

Anónimo

A miña solidariedade para a familia e todo Friol. Que non pase máis!!!

Anónimo

Recibide o meu sincero pesar pola morte dos catro rapaces.A comunidade educativa deberá reflexionar, para que esto non ocorra nunca máis.Foi un pesadelo ver o Colexio convertido en Tanatorio.Montse profe de Friol.

Friol

O problema é de fondo calado:
Mentres a filosofía que parece imperar sexa a de "Fe en Dios e ferro a fondo" -mesmo temos visto impresa esta lenda en camisetas-- dificilmente poderemos atallar unha verdadeira praga que cada fin de semana sega a vida dalgún novo.
O sistema facilita o acceso a verdadeiras máquinas de matar; a présa é un elemento primordial na nosa sociedade; as estradas e as rúas das cidades convértense, as fins de semana, en circuítos de competición,...
E por riba o individualismo latente na frase " Eu controlo"... e claro controlamos ata que deixamos de facelo.
Unha mágoa para todos , un fracaso da sociedade, un fracaso da escola, un fracaso para as familias, carnaza para os medios de comunicación, morte e dor.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.