17 abril 2009

O responso de San Antonio ( I )

Publicamos nesta entrada un feito recollido por Lucía Cabado e editado inicialmente no número correspondente ao ano 2.005 da revista "Lume Novo" do C.P.I. Dr. López Suárez de Friol. 
"Hai xa algún tempo nas terras de Ousá ocorreu que un tal señor Xosé andaba coas ovellas no monte. O lobo, ese animal tan temido polas nosas xentes, achegouse ao rabaño e marchou cunha delas. O señor Xosé avisouno :
-- Levar, levarala, pero comer non a has comer.
Xa desaparecido o lobo,  o bo do Xosé, axeonllouse, quitou o sombreiro e botouse a rezar o responso.
Ao día seguinte, foi outro veciño a unha chousa  próxima a onde ocorreran os feitos e atopou unha ovella viva e perdida.
Cando volveu contoulle ao Xosé o sucedido , este ao escoitalo díxolle:
-- Ah, si ? Hache de ser a miña. Levouna onte o lobo.
E, xustamente, era a ovella do Xosé".
Esta historia reflicte o éxito do rezo do responso. O responso, non podía ser outro co de San Antonio. Na próxima entrada faremos unha reflexión sobre o mesmo.  

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.