20 maio 2009

Angelines Santos: unhas mans creativas

Na procura do vestiario para facermos a obra de teatro "A serpe da cova", demos, por casualidade coa solución axustada aos nosos intereses. E dicimos, por casualidade, cando realmente debiamos dicir que foi a voz do pobo a que nos achegou a posibilidade de que a boa de Angelines asumise o difícil labor de confeccionar o vestiario dunha obra que, non por sinxela, deixou de requerir a necesaria atención, creatividade e cariño que precisan destas cousas nas que o valor monetario pasa a un segundo plano e o interese e dedicación faise por "amor a arte".
Por iso queremos manifestar neste curruncho o noso agradecemento e a nosa admiración.
Agradecemento porque non é doado atopar hoxe unhas mans creativas dispostas a desenvolver unha tarefa abondo complicada. E admiración porque os diferentes traxes confeccionados para a representación acadaron , non sen razón, os eloxios de todos cantos puideron comprobar a perfección e acabado dos mesmos.
Dicía D. Antonio Machado que "el hacer las cosas bien / importa más que el hacerlas". Neste caso estamos convencidos que Angelines é fiel seguidora desta máxima machadiana.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.