21 maio 2009

Cándido Pazó: "Espéctaculo da palabra"

Hoxe pola mañá os alumnos e profesores de E.S.O. pasamos uns momentos superdivertidos co contaconcontos Cándido Pazó e o seu "Espectáculo da palabra", que trouxeron ao Centro Sociocultural o Equipo de Normalización Lingüística e o Departamento de Lingua Galega.
E, certamente é un espéctaculo. Podemos asegurar que non houbo ninguén que saíse da sesión sen botar cando menos unha gargallada.
Actividades deste tipo fan recuperar o gusto do conto polo conto, e nisto, Pazó é un auténtico mestre.
Superocorrente, chamounos á atención o final do conto do Xan Lacazán e a desaparición de cinco das setes vogais da lingua daquel reino. Vaia , que casualidade fosen quedar o "i" mailo "o", e fose un burro o que dirixise o cotarro naquel país!.
Non houbo, cremos , ningunha migalla da actuación que houbese que desbotar. Entre liñas e de xeito explícito a súa mensaxe foi clara... e como mostra  a metáfora antes descrita.
Ao final despedímolo cunha forte ovación. Quedounos a pena de que non se guindase escaleira abaixo para aproveitar o " toma pan e molla".

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.