30 maio 2009

A serpe da cova. Reflexión

Ás veces, sento e miro – como din no Vigo do Cándido Pazó-- . Os parabéns que se reciben ou recibes – tanto ten—son tan inxustificados! …
Só queda un pequeno relanzo. Afastado das cores orquestrais , vivindo o día a día coa incerteza de se chegará mañá. E, sen embargo, achegouse a ver á neta. Unha neta que mellora día a día. Poderíamos poñela de exemplo sempiterno do afán de superarse , da constancia .
E aí está. Coa gaita pousada , xa cansa de tantas trasnoitadas , pero está aí.
E, nós, e cando digo nós aglutino a moita xente, fixemos se achegase ata o Castelo – seguro pensa el en como estaba cando era neno! -- foi algunha vez neno ?— Si seguro que si.
Todo o esforzo - pequeno esforzo para ser sinceros-- que se fixo … coa súa presenza pagou esta actividade.
Grazas a todos e todas.

1 comentarios:

Anónimo

Parabéns para quen move, parabéns para quen crea ilusións... e parabéns para quen sabe apreciar todo o anterior. Hoxe, alguén dixo que nunca o Centro Sociocultural estivera tan cheo.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.