18 maio 2009

A serpe da cova

Con algúns nervios e cunha concentración digna de profesionais, estreouse "A serpe da cova" no día de hoxe "Día Internacional dos Museos".
Asistiron os alumnos de 5º e 6º de E. Primaria, acompañados polos seus profesores. Tamén estiveron presentes as responsables da Torre de San Paio, a xerente da Rede Museística provincial e algúns pais, familiares das protagonistas.
Mañá e pasado, faranse as representacións para o alumnado e profesorado da E.S.O. Esperamos acadar o mesmo éxito conseguido na presentación.

3 comentarios:

Chousa da Alcandra

Pois o Grupo de Teatro da Biblioteca de Antas tamén anda esta temporadiña coas estreas. Moi recentemente tiveron lugar as dos grupos infantís coas obras "Robin Hood" e "Viva o teatro". Asemade, o vindeiro día 23, ás nove do serán será a presentación dunha obra inédita do propio Grupo e que ten un título que anda xerando algunha polémica pola vila: ¡Ostiá!.

Había que trazar un intercambio con vos. Apetécevos vir a Antas co voso Grupo?

Friol

En principio si. Non depende só de nós, pero estariamos encantados. Mellor dito as rapazas estarían encantadas de achegarse a Antas.

Chousa da Alcandra

Xa vos comento a través da vosa caixa de correo como se pode iniciar a idea dese intercambio.

Apertas

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.