13 xuño 2009

Tempo de cereixas

É o momento das cereixas, 
recende o campo a bo tempo, 
atrás queda o duro inverno, 
que volte, algúns quererán. 
Os trevos de catro follas 
agochados, silenciosos, 
esperan ser atopados 
 para a noite do sanxoán. 
Algúns quererían “hogueras” 
eu prefiro as cacharelas, 
poder saltar sobre as lapas; 
que a sardiña pingue o pan !. 
Que se deixen de agonías, 
de predicar vacuidades; 
pois esta terra que piso 
está feita coas túas mans. 
Esas mans que sen ter nada, 
entregan sen titubeos 
todo o que os nosos ‘antergos’
aprenderon dos seus pais.
É o tempo das cereixas,
deixade tranquila a historia,
que os monicreques de feira,
sempre están para o que están.

1 comentarios:

Tinta Azul

Na minha aldeia as cerejas estão tão lindas. Viste-as n' aluaflutua?

:)

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.