21 novembro 2009

Os Rosón no concello de Friol


Xa citamos a casa dos Rosón en Lousende -- A Casa Grande--, na parroquia de San Martiño de Prado e quedábannos pendentes a actual casa de Caitano en Samede de Nodar e a antiga dos Rosón nas Pardellas.
A das Pardellas, no Fondo da Vila, tamén debeu ser nos seus tempos unha casa grande- quizais de non tanta importancia como as outras dúas. Nela houbo e hai unha capela.
A casa emprégase como almacén. Os actuais propietarios construíron unha nova casa ao lado e empregan a vella con esa finalidade.
A capela --non estivemos no seu interior-- segue sendo utilizada para a liturxia, e, segundo os veciños, non é raro que haxa misa ás cinco da tarde con relativa frecuencia.
Da casa de Caitano de Samede, Nodar , hai referencias tanto na obra de Yebra de Ares " Pazos y Señoríos de la provincia de Lugo" como nos diferentes estudos realizados por X. M. Abel Expósito.
Esta vivenda , en pleno uso na actualidade, ten planta cuadrangular , lousada a catro augas. A súa fachada principal aparece brasonada cun escudo de corte neoclásico no que aparecen cando menos as armas dos Taboada.
No adro da igrexa parroquial, a escasos metros da casa, está o panteón familiar destes Rosón afincados en Friol.

3 comentarios:

HADEX

O meu pai era de esa familia, pero da rama pobre.....Vaia por diante que esa famiilia é inmensa...A metade da zona de Cervantes era deles....Tiveron moitísimo poder. Afortunadamente o tempo pon a todos no seu lugar....

Friol

Si por suposto que é inmensa .Hai noticias dos primeiros Rosón na zona de Monforte , creo recordar no s. XVII.
Cervantes e Becerreá- de onde procede a rama que se asentou en Friol-- son os lugares onde máis abondan.
En Friol na II República houbo un Rosón que chegou a ser alcalde por Izquierda Republicana e que por suposto tivo problemas cando a sublevación franquista.

HADEX

Vaia!! Non sabía iso!! Un Rosón Republicano!!!

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.