26 decembro 2009

Fraseoloxía: Materiais recollidos en Friol (e IV )

Sen especificar parroquia:
"Na casa do abade, comede e levade e mal del falade"
"Xente nova e besta vella acaban coa terra"
"Fachendiñas en Vilalvite"
"Os de Pacio, rupelos."
"Catro infernos hai :a Retorta, a Gruñá, a Purreira i-a Pena de Cotá"
"Cacharreiros de Anxeriz"
"Tres infernos ten Cotá: Guldriz i-a Retorta i-a Pena de Griñá"
"Son de Seixalbo, ¿quéresme algo?
"Nebaceira en Cotá,auga á porta
".( Neste recollido por X.Taboada Chivite nebaceira refírese á néboa)

Por último os referidos a lugares do concello pero recollidos fóra do mesmo :
"Para cabras Guimarei" (recollido en Vilamaior de Negral- Guntín)
"Os de Ousá pataqueiros" (recollido en Outeiro de Rei)
"De Corno de Boi é miña nai e nunca boa foi" ( recollido en Guillar - Outeiro de Rei)

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.