26 decembro 2009

Fraseoloxía: Materiais recollidos en Friol ( I )

O “Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades” vén publicando nestes últimos anos unha colección de volumes que baixo o epígrafe xenérico de “Cadernos de Fraseoloxía Galega” -- baixo a coordinación de Xesús Ferro Ruibal- recolle materiais inéditos que teñen como eixo central da investigación todo o relacionado coa paremioloxía.
Nas seguintes entradas faremos unha recompilación do publicado nos devanditos Cadernos que teña relación co noso concello.
Principal mención hai que facer do traballo de investigación realizado por Francisco Vázquez Saco (1.897- 1.962). No número 5 destes "Cadernos de Fraseoloxía Galega" aparece publicado o seu traballo Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral”; posteriormente no número 9, un estudo de Mª.C. Paz Roca "Aínda novos manuscritos paremiolóxicos de Vázquez Saco" completa a anterior publicación.
Asemade, indicar tamén que faremos referencia ao traballo de Xesús Taboada Chivite ( 1.907-1.976) "O refraneiro Galego" publicado no número 2 da mesma colección.
A fotografía de F. Vázquez Saco é a que ilustra esta entrada.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.