18 decembro 2009

Un blog, un mundo


A pasada fin de semana, baixo o título da entrada, o diario "El Progreso" publicou unha reportaxe sobre o mundo dos blogs e a súa presenza na sociedade lucense.
Para realizar o mesmo, a xornalista Sabela Corbelle púxose en contacto con nós, para realizarnos unha entrevista e posteriormente sacarnos unhas fotografías.
Agradecemos desde esta páxina  a "El Progreso", o interese polo noso traballo, ao tempo que nos dá máis forza para continuar coa mesma dedicación o traballo que iniciamos en setembro do ano pasado e ao que día a día ímoslle  atopando novos vieiros para continuar.
Grazas a todos os que ledes estas entradas feitas co maior rigor e exactitude do que somos capaces.

2 comentarios:

HADEX

Xa vos vin....A verdade é que o vosos blog é unha absoluta marabilla. Que saibades que sempre vos leo con atención e que admiro moitísimo o voso traballo!!!

Friol

Grazas polo comentario, grazaas por lernos e xa sabemos que es asidua lectora.
Por certo nós tamén seguimos o teu. Os que temos enlazados en currunchos con encanto practicamente os abrimos a diario, agñás que non vexamos novidades, claro.
Por outra parte andamos investigando aos teus medioparentes os Rosón de Friol.
Cando teñamos máis datos e contrastados claro pois algo publicaremos.
Incluso ao mellor pedímosche axuda para resolver algunha dúbida. de momento andamos a golpe de hemeroteca.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.