17 xaneiro 2010

Paremos o Decretazo contra o galego

Éste xoves, día 21 de xaneiro, está convocada unha folga xeral no ensino en contra do Decreto que vén de publicar a Consellería de Educación baixo o título de "Bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia".
A convocataria parte da plataforma "Queremos Galego", e pretende ser unha chamada de atención clara e  rotunda ás autoridades que foron quen de artellar unha agresión a unha lingua, xa de por si minorizada, sen respectar a lexislación vixente e que significa na práctica un retroceso nos pequenos avances reequilibradores que a nosa lingua acadara no ensino.
Enmascarando a proposta cun engano ( certo é que cómpre expandir a presenza da lingua inglesa no ámbito académico, pero , a día de hoxe -- e sábeno ben na Consellería-- é practicamente inviable acadar ese 33% que pretende vehiculizar nesta lingua o ensino)
Por outra parte ao pretender trasladar aos pais unha decisión que debe ser establecida polo deseño curricular, amosa ben ás claras a intencionalidade de xerar un conflito onde realmente non o había.
Semella interesar un ensino á carta e ao tempo esquecer unha das responsabilidades que como administración debe asumir, cal é o deber de fomentar o uso das linguas cooficiais.
Señor Conselleiro: Cada cousa no seu lugar e no seu tempo.
Por estas razóns que se poden entender mellor lendo as razóns da convocatoria, desde aquí chamamos á mobilización en contra do Decretazo.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.