15 abril 2010

Prácticas curativas para os animais

Continuando cos rituais de curación dos que falamos na entrada anterior, cambiando de afectados, fala Fidalgo Santamariña no seu “Antropología de una parroquia rural” dalgunha das prácticas –hoxe cremos en desuso- relacionada coa curación dos animais domésticos.
Indica que unha das posibilidades curativas consistía en achegarse co animal enfermo ata o adro- cemiterio de igrexas concretaas da zona --non todas valían-- e aplicar no mesmo un ritual propiciador.
di un seu informante que " aí á parroquia de Prado levábanse as vacas con gripe, ou que coxeaban, e iso; metíanse dentro do adro e cando estaban dentro había que subir ao campanario e tocar as campás. As campás tocábanse como se fose á "primeira xeira".( repicar continuo das campás para rematar cuns poucos toques secos da campá maior) "Ás veces as vacas chegaban tan coxas que xa pouco podían andar, pero levábanse e facíase como che digo".
O poder de curación dos espazos sagrados non só facilitaban a curación as persoas , senón que tamén eran propiciatorios para a curación da súa facenda.
Aínda hoxe pódense contemplar nas romarías do Ermo ou do S. Benito exvotos representando animais domésticos seguro que como pago simbólico dunha curación previa ou por facer.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.