30 maio 2010

A actividade teatral en Friol. Un pouco de historia (I)

Falamos nestas últimas entradas das andanzas do grupo de teatro "Algo máis que pan e queixo". A finais do curso pasado, facíamos mención á actividade teatral dos alumnos de 8º de E.X.B do curso 1992-93 do Centro Escolar de Friol; concretamente á participación no programa da TV2. "Galicia de escola a escola".
Hoxe iniciamos unhas entradas nas que imos falar doutras experiencias teatrais que se desenvolveron na vila de Friol.
No diario El Progreso do 4 de setembro de 1952 publicouse unha noticia que dá conta de que en agosto dese ano, concretamente o día 31, levouse a cabo o que a prensa titula como "Velada teatral".
Baixo a dirección das irmás Bóveda Ulloa - María e Amparo- representáronse na velada dúas obras e un "cuadro plástico".
A primeira das representacións foi  "El buen paño en el arca se vende" obra de Beatriz Ranero García e interpretada por "Marujita Rodríguez, Angelines Vázquez, Mari Paz Armas, Lolita Barreiro, Marileta Cedrón, Marujita Grande, Lolita Carballal, Purita Vázquez, Paquita Grande y Marilena Saavedra"--na foto uns anos máis tarde--. Segundo a opinión do cronista "la obra gustó, la interpretación justa, lograda. Todas las señoritas nombradas pusieron de manifiesto sus dotes--aficionados, claro está-- de gracejo natural, simpatía y gestos "casi" perfectos. (Los decorados un poco superficiales, pero, como dijimos, a lo improvisado no se le puede pedir más".
Da obra representada nada máis podemos dicir; seguramente saiu dalgún manual de teatro escolar editado para ás escolas do momento -- pero isto é pura hipótese-.
A segunda representación foi "Las de Ortigueira" de Antonio Onieva. Agás Marujita Rodríguez, Marileta Cedrón, Purita Vázquez e Marilena Saavedra, participaron as rapazas xa mencionadas anteriormente. Di o redactor do diario "El Progreso" que "agradó por el desenfado con que fue captada, y la interpretación sobria y destacada de todas estas jóvenes".
"Las de Ortigueira" "un episodio cómico de la clase media, salpicado de chistes de buena ley, es el asunto de un juguete cómico en un acto y en prosa de D. Antonio J. Onieva. Personajes seis. Tramoya : habitación" (do libro VV.AA, (1982):" Metodología de la historia de la prensa española".Editorial S.XXI. )
A obra de “Las de Ortigueira” aparece recollida no Catálogo de Gregorio del Amo, “Un Teatro moral. Colección de obras escénicas propias para colegios, seminarios, círculos y patronatos obreros, dividido por sexos (Para niños o jóvenes.Para niñas. Para ambos sexos)".
Por último ese derradeiro día de agosto do 1952, como fin da velada, representouse un cadro onde se representaba á Virxe rodeada de anxos e ao tempo escoitábanse "aires gallegos y se recitaban poesías". Os papeis deste acto foron representados por "Marileta Cedrón, Maribel Rodríguez,Marisa Corral, Manolita Díaz,Olguita Viudez, y Maria del Carmen Carballal".
Noutras entradas faremos mención a outras noticias relacionadas coa actividade teatral na vila friolesa.
Esperamos localizar a algunhadas protagonistas para que nos falen da súa experiencia.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.