14 maio 2010

As Damas do Narla ( The Ladies of Narla )

Xa está aquí a quincena máis axitada para o Grupo de Teatro. Despois de múltiples ensaios e de sortear bastantes obstáculos, chegamos á semana na que, previo ensaio xeral o martes , poremos en escena a obra "As Damas do Narla" con algunha variación con respecto ao calendario que nun principio tiñamos previsto.
O mércores día 19 estrearemos a obra ás 12 da mañá na torre de San Paio, para os alumnos de 5º e 6º de E. Primaria do C.P.I. Dr. López Suárez.
O xoves día 20 dobraremos a representación e así ás 11.30 h. actuaremos para os alumnos de 1º e 2º de E.S.O. e ás 13 horas para os alumnos de 3º e 4º de E.S.O.
Posteriormente os días e as horas non sufriron variación algunha.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.