29 maio 2010

As Damas do Narla

Hoxe, no Centro Socio-Cultural de Friol, representamos a obra "As Damas do Narla" para todos aqueles que quixeron acompañarnos nesta función.
A verdade é que non contabamos con tanta afluencia de público, cousa que, por otra parte, encantounos. E aínda nos encantou máis as gargalladas que se escoitaban nas butacas, segundo ía avanzando a obra.
Desde esta páxina queremos agradecerlle aos asistentes o esforzo que significa achegarse un sábado a media tarde a un acto cultural, pero supoñemos verían recompensada a asistencia co bo facer dunha actrices que día a día van mellorando as súas cualidades interpretativas.
Como remate deixamos este pequeno vídeo como agasallo ás protagonistas desta historia que non son nin máis nin menos que todas as alumnas que vencendo a natural timidez e enchéndose de valor, foron quen de conseguir unha obra de calidade que recrea o noso pasado local. Felicidades.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.