05 xuño 2010

Non chores Sabeliña ( I )

No ano 1996, concretamente o 16 de maio, segundo nos relata Teresa Vila --profesora que hoxe está destinada no I.E.S. dos Ollos Grandes de Lugo-- representouse esta obra de Trapero Pardo:
"Non chores Sabeliña foi un soño cumprido. Era o último curso de 8º (de E.X.B.), participaron todas as alumnas/alumnos. Representouse co gallo das Letras Galegas. Fixéronse dúas representacións, unha pola tarde para o Colexio e outra pola noite para quen quixo vir.
Representouse como teatro, con algunhas adaptacións do texto e de toda a parte musical; as cancións foron substituídas por cantigas da zona de Friol, que Pepita
(Regueiro) dirixiu maxistralmente; contamos coa colaboración de Carmen Losada e Teresa Dacal." ( profesoras tamén da escola).
Da obra gravouse un vídeo --máis adiante o publicaremos-- e coas fotografías fíxose unha especie de presentación nun álbum que nos cedeu a mesma Teresa, ao que lle engadimos unha peza musical da obra de Gustavo Freire.


3 comentarios:

Mª José

Precioso trabajo . Felicidades a todos los que habeis contribuido a dejar bien claro que en los 90 sin tantos medios también se hacían las cosas muy bien .

Saludos

Raquel

Ai meu deus!! tiña esto nalgún recuncho do meu recordo... Noraboa pola realización e tamén aos xovencísimos actores e a todas as profesoras e profesores que fixeron que moitas xeracións de friolenses tiveramos no colexio "algo máis que un centro educativo".

Unknown

pero si soy yoooooooooo, que fuerte! cuanto tiempo hace. Fue un dia muy bonito. y tambien los ensayos que lo pasamos muy bien, saludos a mis compañer@s y profesores.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.