23 decembro 2010

Cantos de Nadal na vila.

A pesar que o día non era o mellor para saírmos Cantar os Nadais; o animoso grupo de pandeireteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, e as rapazas e rapaces de 1º de E.S.O. acompañados polas non menos animosas titoras e coordinadores da actividade, saíron na mañá de onte pola vila friolesa para cantarlle os reis aos veciños, que desafiando as inclemencias, foron quen de presenciar e, nalgúns casos, participar connosco da actividade.
Estamos facendo a montaxe do vídeo e en canto estea preparado colgarémolo no blog para que aqueles que non puideron, polas razóns que fosen, gozar deste cantores, poidan facelo virtualmente.
Con esta actividade tentamos recuperar unha tradición non tan afastada de nós, e que moitas veces por apatía foi deixando de celebrarse; cando, tanto desde o aspecto lúdico, como desde a óptica etnográfica ,é unha manifestación que non debemos deixar no esquecemento.
Agradecemos a todos os que nos abriron as súas portas para deixarnos entoar as panxoliñas preparadas. Aproveitamos tamén para agradecer a colaboración e participación de Liliana Castiñeira, que desde hai un tempo participa como unha máis no grupo de pandeireteiras, recuperando a práctica co instrumento e aportando ideas á actividade.
Deixamos aquí unha mostra sonora da actividade

Bo nadal.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.