14 decembro 2010

María José Carballal

Hoxe hai un ano que soubemos o triste final que che tiña deparado a estrada cento de veces percorrida entre  a túa casa e o centro escolar friolés.
Non queremos repetir as verbas xa escritas, ou pronunciadas, moitas veces naqueles días , porque as cremos innecesarias: A morte é unha verdade incontestable que vai intimamente apegada ao seu contrario. Témola aí. Sempre nos colle por sorpresa.
Esa sorpresa que somos incapaces de dixerir nuns primeiros momentos de desconcerto e desacougo e que logo o paso do tempo permite lembrar con maior claridade a pegada dos que nos deixades así, de repente.
Unha faceta algo esquecida da súa biografía  foi a súa participación  na actividade baloncestística luguesa de fins dos sesenta e principios dos setenta. Recuperamos esta fotografía publicada no diario "El Progreso" en maio de 1970, cando María José formaba parte do equipo lucense de baloncesto feminino "Medina", equipo que naqueles tempos era un referente nacional deste deporte.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.