05 abril 2011

A Gasolineira














O feito de irmos encher o depósito do vehículo, á gasolineira da estrada que une Friol con Lugo, é un feito tan cotián --e por certo de elevado custe ultimamente-- que non reparamos que este servizo, do que gozan os frioleses na actualidade, é relativamente recente.
Se en entradas anteriores comentamos que foi nos principios dos setenta cando comezou a funcionar a Agrupación Escolar; é tamén por esas datas, --xullo de 1970-- cando o industrial da vila, Manuel Grande Varela, decide e consegue instalar o que inicialmente foi unha pequena gasolineira que facilitaba o subministro a un concello que ata daquela tiña que facer uns cantos quilómetros para achegarse a un surtidor a encher o depósito.
Nas imaxes, cedidas por X. Antón Sánchez,Tato, vemos unha vista xeral das instalacións o día da apertura e o pequeno acto de inauguración da mesma.

3 comentarios:

Higinio

Antes de que funcionase a gasolineira actual recordo que durante bastante tempo existiu un fornecedor de gasolina que estaba instalado na praziña sita diante da casa do GRANDE, subministrador do que era titular a misma persoa que despois obtivo a concesión da gasolineira e que se indica na entrada.
H.M.F.de la Vega

Friol

Grazas Higinio.
Tiraramos a información do artigo de "El Progreso" -11/VII/1970-- no que o cronista fala dos longos desprazamentos que os automobilistas tiñan que facer para repostar, o que nos fixo supoñer a inexistencia de tal surtidor.

Friol

Anos máis tarde, completaría os servizos ofertados,coa construción dunha cafetaría -licenza outorgada polo concello en setembro do ano 1991-.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.