29 maio 2011

O Breogán

Preguntarédesvos qué diaños pinta o Club de Baloncesto Breogán, na nosa páxina. E nun principio poderiamos pensar que o que isto escribe vainos falar dalgún xogador con orixe friolesa, ou cousa semellante: Non hai tal --que nós saibamos--.
Pero este Breogán creado, alá polos anos sesenta do pasado século, polos irmáns Varela Portas que militou na Liga ACB e que na actualidade pertence á LEB Ouro, algo lle debe -- aínda que de lonxe-- ao noso concello.
Explicámonos: Estes días caeu nas nosas mans o libro "Entre hortas e portas",do profesor de L. Galega do Instituto Xoán Montes, Xosé Manuel González. Este autor (páxinas 27 e 28) lembra, como no momento da creación da citada entidade deportiva, e despois de barallarse varios nomes,"a erudición e prestixio de Celestino Fernández de la Vega impón o de Breogán, certo heroe galego -segundo informa un folleto confeccionado ad hoc- que poboou Irlanda".
O nome, que sen lugar a dúbidas, mellor representa o baloncesto galego de todos os tempos, foi, digamos, que bautizado por Cilistro.
Aproveitamos para aconsellar a lectura deste libro que percorre o Lugo do último terzo do século XX, desde a visión persoal de quen naceu e medrou na cidade amurallada.

2 comentarios:

Mª José

Gracias , el libro me lo compro seguro.

Saud2

Friol

Seguro que vas atopar con episodios coñecidos, ou cando menos vas refrescar esa memoria que temos aí pero que ás veces esquecemos.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.