26 setembro 2011

A Torre de Anafreita, Casa Señorial Do Río e os seus donos.

Baixo a epígrafe que antecede, Higinio Martínez Fernández de la Vega achéganos esta máis que interesante colaboración:
"Ao pé da Cova da Serpe, aproximadamente a un quilómetro de distancia da entrada da mesma cova, houbo en épocas pasadas unha torre ( hoxe en día convertida en casa vivenda) e unha casa señorial. O edificio da casa torre está na parte máis alta do conxunto poboacional, cun desnivel pronunciado cara ao Oeste, que puido ser o foxo natural defensivo da citada torre. Agora é un camiño en pendente e estreito, que dá paso á sinxela casa señorial, chamada Do Río.
Ao lado dos inmobles indicados, pasa o río de Anafreita, que nace na aba do monte Cova da Serpe, de corrente rápida e de auga fresca, limpa e transparente, que moi ben podía ser o rego ao que se refire a lenda cando di que a cobra ía beber a un arroio distante un quilómetro do seu refuxio, e deixaba o rabo dentro da cova.

En canto aos donos das dúas construcións, empezamos pola casa señorial Do Río, que segundo Vázquez Seijas, no seu libro "Fortalezas de Lugo y su provincia", no ano 1731 D. Felipe Rodríguez Meylán foi o mellorado polos seus pais no terzo e no quinto de todos os seus bens, entre eles a mencionada casa. Casou con Dª Luisa Meylán Santiso, sendo herdeiro o seu fillo D. José Rodríguez, que tivo por muller a Dª Josefa de Ponte y Andrade. A casa e os bens pasan, ao pasamento daqueles, a Dª Teresa Santiso y Ponte que casou con D. Manuel María Pardo de Ulloa Ribadeneira, da casa do Vilar, San Xulián de Ourol, Guntín.

A torre e a casa Do Río pasaron a ser do Marqués de San Juan de Carballo, título concedido por Real Despacho de 27 de febreiro de 1766, a D. Antonio Pardo y Sánchez Taibo, natural de San Cibrán de Bribes, con vizcondado previo de San Juan.
Como donos e señores que foron da casa señorial e da torre- seguindo a Vázquez Seijas- aparecen D. Simón Pardo, casado con Dª Inés de la Rigueira, D. Gonzalo Pardo de la Rigueira, que tivo por dona a Dª Inés Pardo de Saavedra, D. Juan Pardo de la Rigueira , que foi o segundo Marqués, que casou con Dª Andrea Pardo. Sucédelle o seu fillo D. Pedro Pardo, que tivo por cónxuxe a Dª Angela de Ponte y Andrade e a estes D. Benito Pardo y Ponte e a súa muller Dª María Dominguez, logo D. Gregorio Pardo Dominguez, natural de Coirós e que morreu na parroquia de Anxeriz, casado con Dª Antonia Fernández. Pasou o señorío e o marquesado a D. Jacinto María Pardo, casado con Dª Benita Villar Sánchez. Segue a liña Dª Gertrudis Pardo Villar, casada con D. Francisco Pardo. O marquesado corresponderíalle ao seu fillo primoxénito D. Celestino Pardo y Pardo , médico e xuíz municipal de Friol, casado en primeiras nupcias con Dª Carmen Saavedra, e en segundas nupcias con Dª Carmen Castiñeiras. É, pois, pai de Dª Angela Pardo Saavedra , avó de Celestino Fernández de la Vega Pardo, e meu bisavó.
A propiedade da casa torre pasou por 'división particional' a Dª Carolina Pardo y Pardo, irmá de D. Celestino, que casou con D. Manuel Morandeira Vigo e logo ao seu fillo D. Celestino Morandeira Pardo, que foi cura párroco de San Mamede de Nodar, de San Pedro de Anafreita e das Negradas, herdando as súas pertenzas a súa sobriña Dª Mercedes Vigo Morandeira.
A propiedade da casa señorial Do Río correspóndelle actualmente a D. Celestino Pardo Castiñeiras, Ilustre xuíz xubilado, e fillo primoxénito do segundo matrimonio de D. Celestino Pardo y Pardo.
Polo que se refire a D. Manuel María Pardo de Ulloa Ribadeneira, oriúndo da Casa Grande de Vilar (tomo I da obra "Pazos y Señoríos de la provincia de Lugo", de Antonio Benito Yebra de Ares), e segundo di o autor, tivo moitos membros de gran sona que foron médicos, letrados, ..., na sociedade lucense, como D. Carlos Pardo Pallín, avogado e secretario do Concello de Lugo, Dª Amparo Pardo Pallín, casada con D. José Benito Pardo Rodríguez, avogado e durante moito tempo Presidente da Deputación de Lugo, e D. Manuel Pardo Pallín, avogado.
Entendemos que as propiedades principais do Marqués de San Juan de Carballo estaban no concello da Laracha, concello limítrofe do de Carballo, capital de Bergantiños, cuxa igrexa principal ten a advocación de San Xoán, e de aí o título de nobreza.
Precisamente D. Celestino Pardo y Pardo naceu en Torás (A Laracha). Porén o seu irmán D. Isauro Celestino María Pardo y Pardo naceu en Anafreita o día 4 de xullo de 1873. Foi notario e Senador, casou en Ourense o día 30 de agosto de 1903 con Dª María de la O Castro e Garcés de Marcilla , marquesa de Leis".
H. M. F.V.
Completa esta entrada outra feita xa hai algún tempo que tocaba lateralmente a temática aquí exposta. A ilustración móstranos a Casa Do Río.

8 comentarios:

Anónimo

Este artículo contiene varios errores:
1)Anselmo Rodríguez Gandoy, párroco de Anafreita y Mayordomo de la III Marquesa de Parga, María Josefa de los Cobos Bolaño Ribadeneira, recibió de ésta la propiedad de la Casa do Rio. Por lo tanto, la Casa y la Torre era de los Marqueses de Parga, que la recibieron de los Señores de Torés, que la recibieron de los bienes embargados a Fernán Ares de Saavedra, Señor de Guitiriz y yerno del Mariscal Pardo de Cela. Nunca fueron de los Marqueses de San Juan de Carballo, que, por cierto, siempre residieron en Cádiz.
2)Theresa Santiso Ponte y Andrade hereda la Casa do Rio de su tío Anselmo en fecha posterior a 1765, que es la fecha de nacimiento de Theresa. Theresa se casa con Manuel Pardo Ulloa en 1778 y la Casa la hereda su hijo Benito Pardo, Señor do Vilar, quien, en 1843 se la alquila a Francisco Pardo Rivas, el padre de Carolina Pardo y Pardo.
3)El artículo menciona que la Casa do Rio fue adquirida por el I Marqués de San Juan de Carballo, Antonio Pardo, que fue Marqués desde 1765. Eso no encaja con la sucesión cronológica del Punto anterior.
4)El Artículo menciona que la Casa pasa a Simón Pardo y su mujer Inés da Regueira. Estos son los padres de Antonio Pardo da Regueira (primo de un tío del I Marqués de San Juan de Carballo), que nació en A Grela en 1642. Por lo tanto, ese Simón Pardo debió nacer, como muy tarde, en 1622; es decir, en el momento de heredar la casa tendrían más de 150 años, lo que no es posible.
5) El Artículo menciona que el II Marqués de San Juan de Carballo fue Juan Pardo da Rigueira. Falso. La II Marquesa fue Celestina Sánchez de Ulloa Rodríguez Taibo. A esta le sucedió su hijo Francisco de Paula Liaño Arjona y Ulloa, III Marqués de San Juan de Carballo y a este le fueron sucediendo sus descendientes hasta llegar al último Marqués de San Juan de Carballo, que fue María de los Angeles Esquivias García del Cid.
Un saludo.

Anónimo

"Agradecendo de antemán o comentario a esta entrada, indicar que para a súa elaboración botouse man -como se fai constar na mesma-- do que escribe o Sr. Vázquez Seijas no seu libro "Fortalezas de Lugo e a súa provincia" tomo III , páxs 127-131.
Non obstante queremos aclarar en canto ao apartado 1º do comentario no que se di que a III marquesa de Parga recibiu esta propiedade dos Señores de Torás, na Laracha, precisamente onde naceu D.Celestino Pardo y Pardo.
Polo que respecta aos apartados 2º e 3º a data que se cita de 27-02-1766, refírese á concesión do Titulo de Marqués de San Juan de Carballo a D. Antonio Pardo y Sánchez de Taibo, pero non que adquiriron esas propiedades nesa data.
En ningunha parte consta que D. Celestino Pardo y Pardo fose Marqués de S. Juan de Carballo.
De todas formas agradecemos os comentarios sobre o tema".
H.M.F.V.

Anónimo

Bueno, antes que nada, comentar que la finalidad de mi comentario fue ofrecer información a todo aquel que tenga curiosidad sobre la historia de esa Parroquia de Friol (Anafreita). Muy rica en acontecimientos históricos, por cierto.
Como indiqué en mi primer Comentario, la Torre era de los SEÑORES DE TORÉS (As Nogais, Lugo), no de TORÁS (A Laracha, A Coruña).
La Torre de ANAFREITA fue de los Señores de Guitiriz (hasta FERNÁN ARES DE SAAVEDRA en 1485), después pasó los Señores de Torés (As Nogais, Lugo), está familia, con el paso de las generacions, se unificaría con los Condes de Amarante, con los Marqueses de Parga y, finalmente, con los Marqueses de San Miguel das Penas, a quienes pagaron foro los vecinos de Anafreita hasta principios del S. XX (por los testamentos que he leído de vecinos de esa Parroquia difuntos en esa época).
El Marquesado de San Juan de Carballo, cuya genealogía está perfectamente sabida, ya que es un título muy reciente (finales S. XVIII) no tiene nada que ver con Anafreita y sus herederos vivieron siempre en Cádiz hasta el S. XIX.
Respecto a las obras de VAZQUEZ SEIJAS, deben tomarse con cautela, ya que no tienen carácter científico.
Saludos y gracias por el trabajo en este Blog.

H.M.F.V.


En relación con esta cuestión quero engadir dous breves comentarios:

1º O marquesado de San Juan de Carballo, como indica o seu nome, e unha linaxe galega. O nome orixinal do primeiro marqués, nacido en S. Cibrao de Brives, era Antonio Sánchez de Ulloa y Taibo, fidalgo notorio, que en 1754 recibe o morgado de Carballo, e é entón, cando en honor as súas primitivas raíces familiares, antepón o apelido Pardo, pasando a ser Antonio Pardo Sánchez de Ulloa y Taibo.
Por Decreto de ll-12-1765, comunicado despois de dous meses, foille concedido o Título de Marqués de S. Juan de Carballo, cando xa residía en Cádiz, a onde foi traballar protexido polo seu parente Antonio Pardo de Gago.

2º Segundo o Catastro do Marqués da Ensenada, datadas as referencias a Anafreita o 14 de novembro de 1752, a casa e propiedades de Marcos de Meilán, que entendemos que correponden coa casa do Rio, eran nese momento de Señorio de Josefa Cisneros.

Josefa María Cisneros Y Sarmiento era aquel ano unha moza viúva, de 35 anos, de Antonio Saavedra y Cisneros. Segundo o Catastro era nobre e Sra do Pazo de Trasmonte Pertencía a familia do Conde de Ximondi, en Vedra, Titulo concedido por EL-Rei Carlos lll o 17-12-1765, co vizcondado previo de Sar, a D. Juan Antonio Cisneros y Castro.

Xa para rematar, sen entrar na valoración que no comentario amterior se fai sobre o Sr Vázquez Seijas, agradecer de novo a achega e sentir non poder saber con quen facemos este intercambio de opinións sobre a casa do Rio de Anafreita.

H.M:F.V.

Anónimo

Don Higinio, encantando de intercambiar información con vd. Creo que este Blog no facilita enviarle un mensaje privado; no obstante, si me facilita una dirección de e-mail, le mandaría gustosamente un correo.
En los últimos dos años he estado investigando sobre los inquilinos de esa Casa do Rio y créame que no merece la pena insistir en la patraña del Marqués de San Juan de Carballo.
El Marquesado de San Juan de Carballo NO es un linaje gallego, sino gaditano de toda la vida; excepto el I Marqués, Antonio Sánchez de Ulloa y Taibo. Éste Antonio, por cierto, nació en la Feligresía de Santa María de Oza (O Pasaxe, A Coruña) en 1714. En 1731 emigró a Cádiz (tenía sólo 17 años) a casa de su tío Francisco Antonio Pardo de Gago que lo puso a trabajar como maestre en las naves de la Compañía comercial PARDO Y COMPAÑÍA. Antonio Sánchez se casó en Cádiz en 1753 con Mariana Rodríguez y Quindos y fue sepultado en San Fernando (Cádiz) en 1787.
Antonio Sánchez fue hijo de Gregorio Sánchez de Taibo y de Lucía González de Castro. El padre de Antonio NO fue hidalgo notorio. No existe ningún expediente de hidalguia a su favor en los archivos de la Real Chancillería de Valladolid. Todos sus sucesores nacieron y vivieron en San Fernando (Cádiz), donde tenían un Palacio que hoy todavía existe en la Calle Real de esa localidad.
Su tío Francisco Antonio, heredó el Mayorazgo de su primo Antonio Pardo da Rigueira (murió sin descendencia), que fundó en 1725. Ese era el Mayorazgo de San Juan de Carballo, que se encontraba en lo que hoy conocemos como A Grela (A Coruña). En 1754 el Mayorazgo fue heredado por Antonio Sánchez Taibo y, desde entonces, por establecerlo así las cláusulas de fundación del Mayorazgo, pasó a llamarse Antonio Pardo Sánchez de Ulloa y Taibo. En 1812 se suprimió ese Mayorazgo.
La genealogía de esa familia es perfectamente conocida:
I Marqués Antonio Pardo Sánchez de Ulloa y Taibo,
II Marqués Celestina Sánchez de Ulloa Rodríguez Taibo,
III Marqués Francisco de Paula Liaño Arjona y Ulloa,
IV Marqués Manuel María Pardo y Liaño,
V Marqués Antonia Pardo Liaño y Tirado
VI José López y Liaño, que fallece sin sucesión.
En 1968 fue rehabilitado el título de Marqués de San Juan de Carballo, concediéndosele a Esteban Carvallo de Cora y González.
Es muy poco probable que ninguno de ellos conociese la existencia de la Feligresía de San Pedro de Anafreita.
Saludos.

Carricoba

Cremos que levas razón en que o mellor sería que vos puxérades en contacto.
Para facelo e evitar facer público o correo persoal de ninguén, penso que o mellor xeito sería que enviases ao correo do blog Terras de Friol unha mensaxe co teu enderezo electrónico que nós faríamos chegar a Higinio M. F de la Vega.
Un saúdo

Jesús de la Vega

Querido tío Hixinio:

Son o teu sobriño Xesús. Non sei se che contou meu pai ou o Carlos que me deu por investigar sobre a historia da nosa familia. Resultoume de gran utilidade información que me deu meu pai que seica a obtivo por medio teu. Tamén teño sacado moita información dos artigos que tes publicados neste blog e levo tempo pensando en chamarte, pero o típico... por unha cousa ou por outra... total, que aproveito que ó investigar na rede atopei esta interesante conversa para comentarche algunhas dúbidas:

Se as túas investigacións son certas, a nosa familia, na rama dos Pardo, provén de Juan Pardo da Rigueira (noutros sitios aparece como Juan Pardo da Regueira), que no prestixioso "Linajes galicianos" (1911-1924) de Pérez Constanti (1857-1938), digno de toda credibilidade, figura como fillo de Gonzalo Pardo da Regueira, este de Juan da Regueira Freixomil, este de Gonzalo da Regueira, este de Fernando Migues da Regueira e este de Gonzalo da Regueira, que probou nobreza en 1604. Logo está claro que esta rama non é a dos marqueses de San Juan de Carballo (Antonio Pardo e Sánchez Taibo e compañía).

Sospeito que ese bulo o alimentou Isauro Pardo y Pardo, que só tiña título de nobreza por vía de casamento e quería ter un propio. Se miras aquí (http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=5&ved=0CDoQFjAE&url=http%3A%2F%2Fhemerotecadigital.bne.es%2Fpdf.raw%3Fquery%3Dparent%253A0003562863%2Btype%253Apress%252Fpage%26name%3DLa%2BAcci%25C3%25B3n%2B%2528Madrid.%2B1916%2529.%2B22-4-1920&ei=oWHBVLHjNc7KPfDAgPgI&usg=AFQjCNGBfXS-fCizFNQkxqhCnl3yT-YDog&sig2=e44ldo2MgcgA74ddYeakaA&bvm=bv.83829542,d.ZWU&cad=rja) verás que o reclamaba para si.

Estou facendo a árbore xenealóxica nunha páxina de internet chamada Genoom e logo a vou imprimir. O Carlos pediume unha copia e se queres fágoche unha a ti tamén. Tamén se me mandas o teu email a jesusdelavega1974@gmail.com, invítoche á rede de Genoom e así ti tamén a podes mellorar. Recibe unha aperta dende Madrid e moitísimas grazas polo traballo que fas para recuperar algo que tamén é memoria histórica. Ou non? Xesús

Carricoba

Farémoslle chegar o teu comentario ao teu tío .
Un saúdo

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.