08 setembro 2011

Éxodo de mujeres

O 3 de maio- día da romaría de S Benito do Carballo- de 2010 no informativo do mediodía da TVE, a sección ¿Te acuerdas? presentou unha pequena reportaxe co título de "Éxodo de mujeres".
Para a realización da mesma, un equipo da citada cadea achegárase ata Friol  uns días antes para, partindo dun programa anterior realizado no ano 1.979, completar unha visión do mundo rural e o seu despoboamento feminino na actualidade.
Neste enlace podedes acceder á visualización da citada reportaxe.
Precisamente foi esta reportaxe a desencadeante da procura do programa "Vivir cada día"dedicado a Friol e que meses máis tarde facilitounos a propia cadea e ao que lle demos cabida na entrada máis visitada deste blog.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.