13 xaneiro 2014

Antoloxía da memoria de Lugo

Desde hai un tempo o diario El Progreso publica diferentes días da semana unha sección baixo a epígrafe "Antoloxía da memoria de Lugo", unha recolleita de pequenas achegas de diferentes personaxes da vida luguesa que reflicten a vida da provincia en tempos pretéritos.Ao tempo as entrevistas, que son a principal fonte de información, son emitidas nun programa da televisión local co mesmo título todos os martes ás dez da noite. Este proxecto está dirixido por José de Cora e nós seguímolo con moito interese.
Xa ao principio chamounos a atención unha achega que coincidía literalmente cunha entrada do noso blog, mais pensamos que o informante que nos facilitara o material puxera o mesmo a disposición de "El Progreso". 
Hoxe unha alumna abordounos para saber se nós lle achegaramos ao citado xornal unha entrada feita por ela--que recollía información da casa do seu avó- e tamén publicada na citada sección. 
Resumindo: como ben sabedes o que se publica tanto neste caderno como no do "Campo da Feira" é material de uso completamente libre e está a disposición de todo aquel que del queira facer uso: nós encantados. 
Ao que se ve "El Progreso" tennos en boa estima e aproveita as publicacións de "Algo máis que pan e queixo", o que dá pé para felicitarnos polo interese xerado e pola multiplicada audiencia que pode saber da vida friolesa ao través do xornal provincial de referencia.

4 comentarios:

Anónimo

Encántame que o uso sexa libre pero iso non é impedimento para que o use cite a fonte por respeto. Noraboa polo voso traballo!

Anónimo

Encántame que o uso sexa libre pero iso non é impedimento para que quen o use cite a fonte por respeto. Noraboa polo voso traballo!

Friol

O motivo de facermos a entrada principalmente radica en que os nosos colaboradores e alumnado en xeral saiba que nós non temos arte nin parte no asunto.
Na edición do domingo aparece tamén un fragmento da entrada As aparicións das Pardellas
Un saúdo

Friol

No anterior comentario fálase da edición de El Progreso do domingo cando realmente --apunta Higinio M. de la Vega con razón-- é a do luns día 13 de xaneiro.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.