22 setembro 2014

Cilistro na memoria viva de Lugo

Mañá martes 23 de setembro no Museo Provincial desenvolverase a primeira sesión  que como homenaxe á figura do pensador friolés vanse levar a cabo de aquí a novembro baixo o título xenérico de “Celestino Fernández de la Vega: mestre lucense nun tempo de sombras”.
As actividades previstas para este martes son as seguintes:
18.00: Presentación 
18.15-19.00: Paco Nieto, xornalista : Celestino Fernández de la Vega, os sons da memoria.
19.00-19:45: Juan Soto, xornalista e cronista oficial da Deputación de Lugo : As colaboracións de Celestino Fernández de la Vega en El Progreso 
19:45-20:00: Descanso 
20:00-20.15: Proxección do Documental: Os espazos vividos e amados do Cilistro (coordinador  Xosé Ramón Veiga Alonso, USC) 
20.15-20.40: Mesa redonda: Os faladoiros do Cilistro (coa participación de antigos tertulianos e tertulianas) 20.40-21:00: Recital: Palabras en tempos escuros (coordinado por Mª Xesús Vázquez Lobeiras, USC) 21.00-21.15: Momento musical
Como dicimos, este é o inicio dunha serie de actos dos que xa falamos na páxina dedicada a Cilistro e que veñen facer xusta memoria deste friolés universal, no Centenario do seu nacemento.

2 comentarios:

Anónimo



Parabéns a Universidade de Santiago ( Facultades de Humanidades e Formación do Profesorado do Campus de Lugo) por interesarse pola figura do intelectual e filosófo friolés Celestino F. de la Vega.
Debían tomar nota outros Organismos máis próximos.

Friol

Compartimos o teu comentario.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.